WONDER SCHOOL

Wonder School é unha escola de inglés para nenos a partir de 2 anos que nace dun proxecto innovador co que pretendemos aproveitar as cualidades naturais dos nenos para a linguaxe e facer que aprendan inglés da mesma forma que aprenderon a súa lingua nai. O noso obxectivo é que nun futuro os nosos alumnos se sintan seguros falando en inglés.

POR QUE WONDER SCHOOL?

- Grupos reducidos de máximo 6 alumnos/as, seguimento personalizado.
- 100% inglés na aula, contexto real de comunicación.
- Estímulos acorde coa súa idade, con materiais e temas do seu interese.
- Adaptados ás novas tecnoloxías.
- Ambiente agradable e familiar, deseño alegre.

AS NOSAS INSTALACIÓNS

- Escola rodeada de espazos verdes.
- Solo radiante e sistema de renovación de aire.
- Cociña e sala de estar.
- Sala de role-play e contacontos.
- Aulas con luz natural, equipadas e adaptadas para cada idade.
- Normativa de seguridade para nenos, sen barreiras arquitectónicas.

REDES SOCIAIS

Síguenos

Todas as actividades da escola e información a un só click e en tempo real.


MÉTODO

Experiencia para os mellores resultados


A nosa ampla experiencia permítenos adaptarnos aos alumnos e alumnas e saber cales son as mellores estratexias para lograr unha aprendizaxe significativa.

O noso método está baseado na aprendizaxe comunicativa, unha aprendizaxe natural que lles proporciona aos nenos e nenas a posibilidade de usar o inglés nun contexto real.


Preguntas sobre Wonder School


1Por que Wonder School?
Porque ofrecemos un ambiente propicio e agradable para que os nenos e nenas aprendan unha lingua, traballando con grupos reducidos e facilitando que os nosos alumnos poidan participar activamente na aula. Non somos unha franquicia, creamos as nosas actividades e materiais de acordo coa nosa experiencia e ás necesidades dos nosos alumnos.
2A que idade deben empezar os nenos a aprender inglés?
O contacto con outras linguas é moi beneficioso para o desenvolvemento cognitivo das nenas e nenos e para incrementar a súa habilidade lingüística. Nas idades máis temperás é cando os nenos adquiren a linguaxe de forma natural, poden repetir calquera fonema e acostuman o oído a todos os sonidos para poder identificalos. Nas nosas aulas ofrecemos un ambiente propicio para que os máis pequenos aprendan inglés e se interesen por actividades novas.
3Que método utilizades?
Baseamos as nosas actividades no método comunicativo e no enfoque naturalista. Buscamos que os nosos alumnos/as aprendan inglés igual que aprederon a súa lingua nai e ofrecemos un contexto real de comunicación en que eles mesmos ven a función e a utilidade do que aprenden e poden practicar a lingua de forma activa.
4Os nenos tan pequenos se adaptan?
Ofrecemos un ambiente familiar e agradable no que os nenos se sinten moi cómodos. Igualmente, as actividades son moi variadas (manualidades, cociña, ioga, cancións…) e atenden sempre ao seu tempo de concentración. As nosas aulas con luz natural e decoradas para eles axudan a esta adaptación.
5O método para alumnos máis maiores é igual que para os pequenos?
O nivel de lingua que esiximos aos nosos alumnos/as e todas as actividades que facemos están adaptadas á súa idade e os seus intereses. O noso obxectivo común é que os nosos alumnos aprendan e melloren o seu nivel de inglés sentíndose a gusto na escola, sen medo a falar en inglés e que o que aprendan teña un propósito e unha utilidade.
6Traballades con grupos reducidos?
Si, aprendemos en grupos de 6 para que todos os nenos poidan participar activamente durante as clases.
7Ensinades a falar?
O noso obxectivo é que os nenos e nenas se sintan seguros falando en inglés, polo que as actividades de listening e speaking nas nosas clases teñen un papel central.
8Ensinades gramática?
A gramática é intrínseca á linguaxe polo que calquera das actividades que se realicen na clase precisan gramática. Ensinamos aos nenos a expresarse con corrección gramatical tanto na fala coma na escrita con actividades adaptadas ao seu nivel.
9Preparades exames oficiais?
Si, os alumnos da ESO que queiran preparar un exame oficial poderán facelo con nós.
10Facedes campamentos de verán?
Si, ofrecemos campamentos de verán que se poden coller por semanas.
11Poden levar os deberes do cole?
Organizamos as clases de acordo cos obxectivos lingüísticos que queremos que os nenos adquiran polo que non podemos incluír os deberes dos nenos.
12Cando é o prazo de matrícula?
O prazo de matrícula para novos alumnos comeza o 1 de xuño. A matrícula para alumnos que xa son da escola farase durante o mes de maio. En calquera caso podedes poñervos en contacto con nós en canto queirades.
13Cando empeza o curso?
O curso empeza en setembro e acaba en xuño.
 
WONDER SCHOOL

Recibe información sobre a escola