Cursos

Ofrecemos cursos para nenos e nenas de 2 anos até alumnos e alumnas da ESO.

Coas idades máis temperás centrámonos exclusivamente na comunicación oral, a medida que os nenos/as van medrando introducimos a comprensión e expresión escritas. As actividades que preparamos teñen sempre un enfoque lúdico, isto é fundamental nas idades máis novas para que se produza unha aprendizaxe inconsciente e natural.

Cos alumnos de máis idade traballamos todas as competencias lingüísticas (comprensión e expresión oral e escrita) sempre da forma máis dinámica posible e sempre con énfase na práctica oral. Ademais, tamén preparamos os alumnos da ESO que así o requiran para realizar exames oficiais que acrediten o seu nivel.

Todos os nosos cursos son en grupos reducidos. Isto permite facer un seguimento personalizado dos nenos e nenas, que estes estean cómodos e que se impliquen nas actividades participando activamente.

Educación

Verán en inglés


A nosa escola ofrece campamentos de verán en inglés. Estes campamentos pódense coller por semanas e son unha alternativa excepcional para as vacacións de verán dos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

Pasaremos a mañá en grande ao tempo que aprendemos inglés! Realizaremos actividades como contacontos, cociña, teatro, cancións, baile, xogos no exterior, piscina, saídas pola cidade e moito máis! Todas as actividades están dinamizadas e adaptadas á idade das nosas alumnas e alumnos. Ofrecemos un ambiente familiar e agradable para que os nenos e nenas estean coma na casa, e ademais en inglés!

O horario das actividades é de 10 a 14 horas, coa posibilidade de solicitar horario de acollida de 9:00 a 10:00 e de 14:00 a 15:00.

Cooking

Unha das actividades máis exitosas. De novo usamos o inglés como lingua vehicular para falar dos ingredientes, aprender a seguir un proceso, explicar o que facemos e por suposto degustar o resultado.

Reading

A lectura é un pilar fundamental na aprendizaxe. Cando os nenos e nenas teñen a idade apropiada traballamos a comprensión lectora con viñetas, historias, libros adaptados ou lecturas sobre temas do seu interese.


Outdoor games and yoga

Aproveitando o bo tempo realizamos xogos, ioga e outras actividades no exterior que favorecen o desenvolvemento motor e que fan que os nenos e nenas reforcen os lazos afectivos cos compañeiros e o pasen en grande.

Handcrafts

As manualidades axudan aos nenos e nenas a desenvolver a concentración ao tempo que reforzan os contidos aprendidos mediante a realización dun proxecto. Ademais, estarán empregando o inglés como lingua vehicular para conseguir as cousas que precisan.


Songs

As cancións son un método lúdico e efectivo para aprender inglés para todas as idades. O traballo con cancións inclúe desde bailes e xogos musicais até a comprensión de poemas e metáforas. Con elas practicamos a pronunciación, vocabulario, estruturas gramaticais ou o listening.

Drama and Role-Play

Con esta actividade os nenos e nenas perden o medo a falar en inglés a través da dramatización e do xogo de simulación. Os nosos alumnos poden representar situacións cotiás ou ficticias e incluso atreverse a improvisar, segundo a idade.


Storytelling

Os máis pequenos adoran participar nesta actividade convertíndose nunha personaxe e formando parte da historia.

Exam preparation

Cando os nenos xa son adolescentes preparámolos para exames que proben o seu nivel de inglés se así o requiren.